AVISO

Recórdovos que podedes poñervos en contacto conmigo na miña conta de correo personal que tedes en CONTACTO para calquera dúbida das tarefas ou actividades que vos mandan os vos@s titores/as ou especialistas.
Algunha cousiña que non entendades, que non vos quedara claro, que vos esquecérades agora que estades repasando contidos dos primeros trimestres...Escribídeme e xa veredes que vendo as cousas dende diferentes puntos de vista ou explicados doutra maneira sempre se chega ao resultado final. O importante non é o camiño, senon chegar xuntos a meta.

Unha aperta a tod@s!!!

XOGOS DE ATENCIÓN

A atención é unha función cognitiva esencial na vida diaria. É por iso que que vos deixo numerosos xogos de atención que promoven a atención nas vosas idades máis temperás. O desenvolvemento da extensión de atención prevén problemas que poidan xurdir despois... A XOGAR!!!

XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
XOGO 4

XOGOS DE MEMORIA

A memoria de traballo é a función executiva encargada de manter e empregar temporalmente certa información que se debe empregar en diferentes tarefas. A memoria de traballo pode manipular estímulos auditivos ou visuais.

Por todo isto deixovos uns xogos de Memoria para que practiquedes, estou seguro que vos gustarán moito. A XOGAR!!

 XOGO 1     XOGO 2

BUSCAMOS INFORMACIÓN 3º 4º 5º 6º

Esta semana imos facer unha actividade que espero que vos guste moito, imos buscar información sobre un invento que vos chame a atención, o que queirades.

Deixovos varias pautas para poder facelo o mellor posible e así podedes gardalo para telo de referencia noutros cursos.

-Nome do invento
-Inventor
-Ano do invento
-Características
-En que se usa no día a día
-Como foi evolucionando
-Motivo polo que o escolléstedes
etc etc...

O TEMPO 5º e 6º

Seguimos con pequenos repasiños do que xa vístedes estos días, tédelo fresco e imos comenzar continuar co Tempo.

Déixovos un documento para practicar esta unidade de medida. Tamén vos adxunto o solucionario, pero non me fagades trampas...!!!! (xa volo digo sempre ....jajaja)

O TEMPO 5º e 6º

Tamén vos deixo tres xogos para que o repasedes na web, seguro que vos gustan.

XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3

O TEMPO E O DIÑEIRO 3º e 4º

Como xa sabedes hoxe traballaremos o diñeiro e o tempo.
Moitos de vos utilizades ou vedes aos vosos pais e nais utilizar o diñeiro, pero se ainda non o fixéstedes, estas son as moedas e billetes que temos.



Sabedes que ano comezamos co Euro? Que moeda tiñamos anteriormente? Seguro que podedes preguntar na casa e a túa familia contarache moitas cousas.
VIDEO EXPLICATIVO

Practica agora cos seguintes xogos:
XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
Intvítovos a xogar ao PRECIO XUSTO na casa para seguir practicando. Intenta adiviñar o prezo dun producto. O xogador que máis se achegue ao precio xusto sin pasarse, gañará. Seguro que o pasas moi ben.

E o tempo? Que sabes do tempo? Que instrumentos utilizas para medir o tempo?
VIDEO EXPLICATIVO 1
VIDEO EXPLICATIVO 2
VIDEO EXPLICATIVO 3
Agora desafíate a ti mesmo e a ver canto sabes!.
XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
XOGO 4

AVISO

Recórdovos que podedes poñervos en contacto conmigo na miña conta de correo personal que tedes en CONTACTO para calquera dúbida das tarefas ou actividades que vos mandan os vos@s titores/as ou especialistas.
Algunha cousiña que non entendades, que non vos quedara claro, que vos esquecérades agora que estades repasando contidos dos primeros trimestres...Escribídeme e xa veredes que vendo as cousas dende diferentes puntos de vista ou explicados doutra maneira sempre se chega ao resultado final. O importante non é o camiño, senon chegar xuntos a meta.

Unha aperta a tod@s!!!

RECEITA SALUDABLE IV para 3º 4º 5º 6º

As hamburguesas son un clásico dos menús rápidos, un deses alimentos que gozamos todos (adultos e os nenos) e que non deixamos nunca nada no prato. Polo tanto vouvos deixar aquí unha alternativa nova para que probedes a facela sempre coa compañía dun adulto na cociña, xa sabedes.
Unha das receitas vexetarianas que máis me gusta é esta que vos vou escribir, para que poidades gozar dunha boa hamburguesa cando queirades sen abusar da carne e así camuflamos as verduras.
Aproveitade a usar verduras de tempada, e por aquí van os tiros da actividade de hoxe, despois de cociñar tedes que buscar se non sabedes e intentar obter 2-3 verduras típicas de cada mes do ano e así ter unha amplia posibilidade de coñecemento dos nosos vexetais.
Sabedes perfectamente que tanto froitas coma verduras apórtannos unha gran cantidade de nutrintes e de vitaminas.

HAMBURGUESA DE BRÓCOLI PASO A PASO

1. Lavamos o brócoli, eliminamos os tallos e cortámolo. Reserva.
2. Lavamos e pelamos as cenorias e cortámolas en anacos pequenos.
3. Pelamos a pataca e cortámola en cubos pequenos.
4. Poñemos unha cazola con auga ao lume. Cando comece a ferver, engadimos o brócoli, a cenoria e a pataca e deixámolas cocer.
5. Cando nos permitan picalos cun garfo, retiramos as verduras e pasámolas pola batedora. Non pasa nada se quedan algunhas pezas enteiras.
6. Poña a mestura nun bol e engadimos o sal e algunha que outra herba que máis che guste. Mestura ben.
7. Cando todo estea ben mesturado, engadimos o ovo e o pan raiado, e coas mans mesturamos todo de novo.
8. Coas mans, facemos hamburguesas coa masa.
9. Nunha tixola poña aceite para freir no lume. Cando estea quente, engade as patacas unha a unha, ata que estean douradas polos dous lados.
10. Antes de servilos, colocamos as hamburguesas sobre papel absorbente para que se retire a graxa.
11. Montámola no pan de hamburguesa ( alternativas espelta, trigo sarraceno, kamut...) con leituga, tomate, cebola....ou o que máis nos guste.

Bo proveito chefs!!!

XOGOS DE PREGUNTAS para 3º 4º 5º 6º

Bo día rapaces!!! Para rematar esta semana, deíxovos uns xogos de preguntas e respostas, xogos de aprendizaxe ou incluso un Trivial online. 
A min gustáronme moito e parecéronme moi entretidos, espero que a vós tamén. Algunhas preguntiñas teredes que pensar bastante, pero estou seguro que acertaredes moitas. 



DESCRIBIMOS UNHA PAISAXE 3º 4º 5º e 6º

Xa sabedes que me gusta que leades moito e espero que o fagades nestes días como vos digo sempre, pero esta semana imos facer unha pequena descrición sobre unha paisaxe, a que vos queirades.

Hoxe deixovos un arquivo con varias pautas para poder facela o mellor posible e así podedes gardalo para telo de referencia noutros cursos.

                                     A PAISAXE

LONXITUDE 5º e 6º

Seguimos con pequenos repasiños do que xa vístedes estos días, tédelo fresco e imos comenzar coa Lonxitude.

Déixovos un documento para practicar esta unidade de medida. Tamén vos adxunto o solucionario, pero non me fagades trampas...!!!! (xa volo digo sempre ....jajaja)

LONXITUDE 5º e 6º

Tamén vos deixo tres xogos para que o repasedes na web, seguro que vos gustan.

XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3

OPERACIÓNS XERAIS 3º e 4º

Unha semana mais imos seguir cos repasos do que xa levades visto. Esta vez tócanos traballar as Operacións en Xeral. Xa sabedes que ter axilidade con cálculo mental é un pilar básico para adquirir a competencia matemática.

Fixádevos ben como se facían os procesos e así repasamos todo tipo de operación básicas.
                               
Déixovos varios enlaces a xogos interactivos para que repasedes vós.

3º E.Primaria


Recordade que temos que saber moi ben a táboa de multiplicar para a maioría das operacións e problemas.

AVISO

Recórdovos que podedes poñervos en contacto conmigo na miña conta de correo personal que tedes en CONTACTO para calquera dúbida das tarefas ou actividades que vos mandan os vos@s titores/as ou especialistas.
Algunha cousiña que non entendades, que non vos quedara claro, que vos esquecérades agora que estades repasando contidos dos primeros trimestres...Escribídeme e xa veredes que vendo as cousas dende diferentes puntos de vista ou explicados doutra maneira sempre se chega ao resultado final. O importante non é o camiño, senon chegar xuntos a meta.

Unha aperta a tod@s!!!

RECEITA SAUDABLE III para 3º 4º 5º e 6º

Moi boas rapaces!! Seguro que xa estades feitos uns cociñeiros de categoría. Doulle importancia a cociña, porque a través dela podemos aprender moitas cousas que aparecen no día a día no cole, e así, tamén axudades na casa e ensinades cousas novas mais sudables.
Imos a unha semana máis de retos na cociña. Esta vez teredes que preparar un almorzo saudable. Teredes que facer unha breve descrición dos alimentos que elixiches e despois poñervos mans a obra!!
Elexide ben a vosa comida para comezar o día, é a mais importante.

Actividade:
Durante estos días deberedes elaborar un almorzo saudable coa vosa familia.
Teredes que facer unha lista como vos dixen antes cos ingredientes que escolléstedes e se lle queredes sacar unha foto, Xenial!!!!
Acordádevos da pirámide dos alimentos que vístedes na clase, da clasificación destes, etc. Evitade escoller productos  que conteñan moitas graxas e azúcares, e cambiádeos por alimentos con máis proteína e froitas ou lácteos.
Lembrade que tedes que almorzar ben para ir ao colexio e así rendir ao máximo con enerxía. Para media mañá a froita agora no verán ben fresquiña é unha boa solución.

BREAKOUT para 3º 4º 5º e 6º

Ola a tod@s!!!! Veña que xa quedan pouquiñas semanas para as vacacións!!!

Hoxe déixovos un Breakout de lóxica matemática a ver se vos gusta, teredes que ir anotando as pistas a ver se dades chegado ao resultado final.

Seredes os encargados de salvar o maior monumento da India, a ver se me sabedes dicir que edificio se trata? É unha das contruccións mais importantes de todo o mundo xa que é Patrimonio da Humanidade.
E unha preguntiña para que pensedes antes de abrir o Breakout... Qué outro edificio foi declarado Patrimonio de Humanidade e vivimos moi preteñito del?? 
Pensade, pensade....

                                      RETO BREAKOUT

COMPRENDEMOS O QUE LEMOS

Xa sabedes que me gusta que leades moito e espero que o fagades nestes días. Como vos dixen noutras ocasións, é importante ler libros que vos chamen a atención, xa sexan de aventuras, de historia, comics... Pero tamén é bo que que leades outro tipo de formatos como revistas do voso interese ou o xornal diario.

Hoxe deixovos dúas lecturas moi chulas, espero que vos gusten.

LECTURA 3º E 4º

LECTURA 5º e 6º


FRACCIÓNS 5º e 6º

Seguimos con pequenos repasiños do que xa vístedes. Seguro que non vos esquecéstedes das fraccións, pero senón, para iso estamos por aquí, para repasar e ir pouquiño a pouquiño dándolle resposta as vosas dúbidas.

Déixovos un documento para practicalas. Tamén vos adxunto o solucionario, pero non me fagades trampas...!!!! (xa volo digo todas as semanas jajaja)

       REPASO FRACCIÓNS 5º e 6º

Tamén vos deixo un xogo para que o repasedes na web.

XOGO 1

FRACCIÓNS 3º e 4º

Imos seguir cos repasos do que xa levades visto. Esta vez tócanos as fraccións Traballámolas no 2º trimestre e entendéradelas moi ben, estou seguro de que sigue a ser así.

Fixádevos ben como se facía o proceso para levar a cabo unha división, senón póñovos esta páxina para que refresquedes a vosa cabeciña.

                                  REPASANDO AS FRACCIÓNS

Déixovos varios enlaces a xogos interactivos para que repasedes vós.

 


3º E.Primaria

4º E.Primaria


Recordade que tamén son importantes as fraccións decimáis. 

                            REPASANDO FRACCIÓNS DECIMÁIS


AVISO

Recórdovos que podedes poñervos en contacto conmigo na miña conta de correo personal que tedes en CONTACTO para calquera dúbida das tarefas ou actividades que vos mandan os vos@s titores/as ou especialistas.
Algunha cousiña que non entendades, que non vos quedara claro, que vos esquecérades agora que estades repasando contidos dos primeros trimestres...Escribídeme e xa veredes que vendo as cousas dende diferentes puntos de vista ou explicados doutra maneira sempre se chega ao resultado final. O importante non é o camiño, senon chegar xuntos a meta.

Unha aperta a tod@s!!!

RECEITA SAUDABLE II para 3º 4º 5º e 6º


IMOS A COCIÑAR !!

Hoxe tráiovos unha proposta para facer en familia: Un biscoito saudable . Saudable porque non tería azucre nin graxa e estaría practicamente formado por hidratos de carbono (fariña de avea) e proteínas (claras de ovo).
Déixovos aquí os ingredientes e os pasos a seguir.

Ingredientes:
-150 ml de claras.
-Fariña de avea de 70 gr (podedes usar outra).
-1 xema de ovo
-Anaquiños de chocolate cacao do 85% (canto maior sexa a porcentaxe, máis saudable será).

Elaboración:
-Vértense as claras e póñense á punto da neve.
-Engadir a xema de ovo e bater de novo.
-A fariña introdúcese aos poucos e todo se volve bater.
-Picar o chocolate e introducilo na mestura.
-Poñelo no forno 30 min. Debe prequencer a 180º.

Se non tedes ningún destes ingredientes, podedes cambialos, por exemplo a fariña, usando outra. Non pasaría nada. Interésame que vexa a diferenza entre algo saudable e o que non é saudable. E así facedes as cousas en familia.

A proposta está aí, se vos atrevedes a enviarme unha foto ao correo electrónico... iso é que vos saiu perfecto seguro!!!

Déixovos aquí unha ligazón a un vídeo que seguín hai un tempo cando comecei a facelos. Espero que che axude: VIDEO