RECEITA SALUDABLE IV para 3º 4º 5º 6º

As hamburguesas son un clásico dos menús rápidos, un deses alimentos que gozamos todos (adultos e os nenos) e que non deixamos nunca nada no prato. Polo tanto vouvos deixar aquí unha alternativa nova para que probedes a facela sempre coa compañía dun adulto na cociña, xa sabedes.
Unha das receitas vexetarianas que máis me gusta é esta que vos vou escribir, para que poidades gozar dunha boa hamburguesa cando queirades sen abusar da carne e así camuflamos as verduras.
Aproveitade a usar verduras de tempada, e por aquí van os tiros da actividade de hoxe, despois de cociñar tedes que buscar se non sabedes e intentar obter 2-3 verduras típicas de cada mes do ano e así ter unha amplia posibilidade de coñecemento dos nosos vexetais.
Sabedes perfectamente que tanto froitas coma verduras apórtannos unha gran cantidade de nutrintes e de vitaminas.

HAMBURGUESA DE BRÓCOLI PASO A PASO

1. Lavamos o brócoli, eliminamos os tallos e cortámolo. Reserva.
2. Lavamos e pelamos as cenorias e cortámolas en anacos pequenos.
3. Pelamos a pataca e cortámola en cubos pequenos.
4. Poñemos unha cazola con auga ao lume. Cando comece a ferver, engadimos o brócoli, a cenoria e a pataca e deixámolas cocer.
5. Cando nos permitan picalos cun garfo, retiramos as verduras e pasámolas pola batedora. Non pasa nada se quedan algunhas pezas enteiras.
6. Poña a mestura nun bol e engadimos o sal e algunha que outra herba que máis che guste. Mestura ben.
7. Cando todo estea ben mesturado, engadimos o ovo e o pan raiado, e coas mans mesturamos todo de novo.
8. Coas mans, facemos hamburguesas coa masa.
9. Nunha tixola poña aceite para freir no lume. Cando estea quente, engade as patacas unha a unha, ata que estean douradas polos dous lados.
10. Antes de servilos, colocamos as hamburguesas sobre papel absorbente para que se retire a graxa.
11. Montámola no pan de hamburguesa ( alternativas espelta, trigo sarraceno, kamut...) con leituga, tomate, cebola....ou o que máis nos guste.

Bo proveito chefs!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario