RECEITA SAUDABLE II para 3º 4º 5º e 6º


IMOS A COCIÑAR !!

Hoxe tráiovos unha proposta para facer en familia: Un biscoito saudable . Saudable porque non tería azucre nin graxa e estaría practicamente formado por hidratos de carbono (fariña de avea) e proteínas (claras de ovo).
Déixovos aquí os ingredientes e os pasos a seguir.

Ingredientes:
-150 ml de claras.
-Fariña de avea de 70 gr (podedes usar outra).
-1 xema de ovo
-Anaquiños de chocolate cacao do 85% (canto maior sexa a porcentaxe, máis saudable será).

Elaboración:
-Vértense as claras e póñense á punto da neve.
-Engadir a xema de ovo e bater de novo.
-A fariña introdúcese aos poucos e todo se volve bater.
-Picar o chocolate e introducilo na mestura.
-Poñelo no forno 30 min. Debe prequencer a 180º.

Se non tedes ningún destes ingredientes, podedes cambialos, por exemplo a fariña, usando outra. Non pasaría nada. Interésame que vexa a diferenza entre algo saudable e o que non é saudable. E así facedes as cousas en familia.

A proposta está aí, se vos atrevedes a enviarme unha foto ao correo electrónico... iso é que vos saiu perfecto seguro!!!

Déixovos aquí unha ligazón a un vídeo que seguín hai un tempo cando comecei a facelos. Espero que che axude: VIDEO

No hay comentarios:

Publicar un comentario