RECEITA SAUDABLE III para 3º 4º 5º e 6º

Moi boas rapaces!! Seguro que xa estades feitos uns cociñeiros de categoría. Doulle importancia a cociña, porque a través dela podemos aprender moitas cousas que aparecen no día a día no cole, e así, tamén axudades na casa e ensinades cousas novas mais sudables.
Imos a unha semana máis de retos na cociña. Esta vez teredes que preparar un almorzo saudable. Teredes que facer unha breve descrición dos alimentos que elixiches e despois poñervos mans a obra!!
Elexide ben a vosa comida para comezar o día, é a mais importante.

Actividade:
Durante estos días deberedes elaborar un almorzo saudable coa vosa familia.
Teredes que facer unha lista como vos dixen antes cos ingredientes que escolléstedes e se lle queredes sacar unha foto, Xenial!!!!
Acordádevos da pirámide dos alimentos que vístedes na clase, da clasificación destes, etc. Evitade escoller productos  que conteñan moitas graxas e azúcares, e cambiádeos por alimentos con máis proteína e froitas ou lácteos.
Lembrade que tedes que almorzar ben para ir ao colexio e así rendir ao máximo con enerxía. Para media mañá a froita agora no verán ben fresquiña é unha boa solución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario