RECEITA SAUDABLE I para 3º 4º 5º e 6º

Sí Chef!!!!

Deixovos unha receita moi sinxela para que pasedes un tempo coa familia e na cociña: Mini Pizzas saudables de calabacín.

Ingredientes:
-12 rodiñas de calabacín.
-Tomate natural triturado
-Xamón e queixo ou outros ingredientes ao gusto.

Elaboración:
-Cortamos o calabacín en rodiñas e pasámolo volta e volta na tixola. Serán as base das nosas mini pizzas.
-Retiramos da tixola e engadimos o tomate natural ou esmagado.
-Engadimos ingredientes ao gusto (xamón / atún, queixo ...)
-Gratinamos con queixo e orégano.
-Uns 10-15 ′ min a 180º. Debe precalentarse o forno a 180º arriba e abaixo.

Como vedes é unha receita moi sinxela. Pero nesta actividade pídovos que clasifiquedes os alimentos empregados, e así conocer de primeira man o que comemos. Lembrade  que podedes ollar a pirámide alimentaria para clasificar estes alimentos.

Unha gran aperta rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario